Logo

ALBA BARREIRO

Arpa clásica

 

Nada en Vigo,  iníciase na arpa celta da man de Rodrigo Romaní e na arpa clásica con Céline Landelle. Máis adiante completaría os seus estudios superiores de arpa en Musikene con arpistas como Frédérique Cambreling e Christine Icart.

 

Dende moi nova subiu ós escenarios sendo integrante da Orquestra Folk Sondeseu. Coma destacada arpista no ámbito nacional colabora habitualmente

coa Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia. A súa

versatilidade levouna a compartir escenario con artistas da talla de Carlos Núñez, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz ou Anxo Lorenzo.