top of page
Robertoliveira
![Alba Barreiro_Cabecera](https://static.wixstatic.com/media/b7e36f_45462a54fb2346d49ef83aba7fb1fd29~mv2.jpeg/v1/crop/x_0,y_498,w_2047,h_439/fill/w_980,h_211,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/.jpeg)
ALBA BARREIRO
Arpa clásica
Nada en Vigo, iníciase na arpa celta da man de Rodrigo Romaní e na arpa clásica con Céline Landelle. Máis adiante completaría os seus estudios superiores de arpa en Musikene con arpistas como Frédérique Cambreling e Christine Icart.
Dende moi nova subiu ós escenarios sendo integrante da Orquestra Folk Sondeseu. Coma destacada arpista no ámbito nacional colabora habitualmente
coa Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia. A súa
versatilidade levouna a compartir escenario con artistas da talla de Carlos Núñez, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz ou Anxo Lorenzo.
bottom of page