Robertoliveira
CATRO
Espectáculo didáctico
Música para soñar, é un proxecto musical interdisciplinario co que pretendemos, sempre coa participación dos nenos, emprender unha viaxe a traves da música polo mundo dos contos.
Trátase de educar a través de sensacións auditivas e visuais, facilitando unha ferramenta de apoio á tarefa docente que proporcione unha experiencia musical e un crecemento persoal de gran relevancia para os nosos escolares. Así como unha axuda e estímulo terapéutico.
Por este motivo, consideramos esencial que o arte sexa un medio imprescindible para o desenvolvemento da motricidade, sensibilidade e a imaxinación dos máis pequenos.
Música para soñar, é unha viaxe polos grandes éxitos musicais dos últimos anos, que todos os nenos coñecerán. Conto interactivo para piano, violín e trompa, coa participación dun actor que contará coa colaboración do público narrando unha historia baseada nas cancións interpretadas.