top of page
Logo
Dextrum Ensemble_Cabecera

DEXTRUM ENSEMBLE

Cuarteto de saxofónes clásico/contemporáneo

 

Os nosos inicios veñen dados pola inquietude de facer boa música de cámara a través do noso instrumento, o saxofón, buscando un xeito de comunicar a música, que sea sinxelo e atractivo para todos os públicos.

 

Unha das nosas máximas é a de exercer o dereito de facer música para que todo o mundo teña o dereito de escoitala.

 

Comezamos a nosa andadura polos escenarios no auditorio de O Rosal en abril de 2017, e dende aquela puxemos música a una visita no mosteiro de Carboeiro (Silleda), participamos no seo do curso de Tamara Brooks en Tui, realizamos un ciclo de cinco días de concertos didácticos polos colexios públicos do concello de Moaña. Actuamos como solistas coa Banda Municipal de Pontevedra interpretando a obra «Cidades» de Guillermo Lago e fixemos un concerto de estreas absolutas de obras da Asociación Galega de Compositores. Actuamos tamén na fundación “Paco Lareo” e no teatro principal da Estrada, entre outros lugares da nosa xeografía.

 

Somos una formación aberta en canto a facer calquera tipo de música e contando con todo tipo de colaboracións, abrindo así as portas a unha maior divulgación da arte da música.

 

Retrospectiva XXI

 

Retrospectiva XXI é o título dun programa formado por repertorio de diferentes épocas, dende a antiguedade ata músicas dos nosos tempos.

 

O que tratamos neste variado compendio de obras é brindar unha visión contemporánea as músicas de fai séculos, así como de divulgar músicas da nosa época baseadas en composicións de música antiga. Unha selección de composicións musicais idóneas para interpretar en edificacións históricas.

Integrantes do grupo:

Miriam Aneiros: saxofón soprano

Blanca Represas: saxofón alto

Javier Comesaña: saxofón tenor

Alberto Rocha: saxofón barítono

bottom of page