top of page
Logo
Diego Salgado_Cabecera

Diego Salgado

Neo Soul

 

Diego Salgado, vocalista, multinstrumentista e compositor de Betanzos, leva casi trece anos no escenario. Creceu nun hogar onde a música era omnipresente, cunha nai cantante, un pai e un tío amantes da música unha irmá pianista. A os 17 anos incorporase as filas da música do seu pobo, en grupos como “Qando Vand” ou “Razza”. A os 18 vaise a Compostela a estudar Psicoloxía e con 21 descubre a loita social durante o 15M, feito que marcará para sempre as suas letras. A esa misma idade pasa a estudar Interpretación en Arte Dramático na ESAD de Galicia e se forma como actor de xestos, ademáis de iniciar a sua carreira en técnica vocal. Pouco despois aterriza de novo en Compostela e forma bandas como como “Poesía Canalla” (2014-2018) ou “Mojo Experience” (2015-), crecendo no blues, soul e rock, e desenrolando a sua faceta compositiva, tras años de concertos por toda Galicia, só e con distintas formacións, acaba formando grupos tan dispares como “Eucaria” (cuarteto de rock progresivo, 2018-) e “Udra” (neosoul, funk, 2019-), que xunto con “Mojo Experience”, forman parte da actividade actual do artista. Dende fai uns años colabora con artistas galegos como Sheila Patricia, IlMarto o High Paw, texendo unha rede de persoas desexosas de facer crecer a cultura musical en Galicia.

​

En canto ao seu papel como actor, no seu haber ten obras como “Esperando a Godot” (Sinuntu, 2014), o espetáculo “Improversados” ​​(improvisación teatral e musical, 2019-) e máis actualmente “De placer y muerte”, coa compañía "A Feroz".

Destaca tamén en poesía, participando en recitaies e eventos relacionados coa disciplina, incluso competindo na final da SLAM Poesía Compostela en 2019.

 

Diego Salgado é un tipo inquieto ao que lle custa frear a pesar das circunstancias que se lle presenten, o cal se evidencia no feito de que en medio da pandemia, ante a obriga de cesar a sua actividade, grabou o seu primeiro disco en solitario. “Growing strong”, no cal se adentra en moitas das músicas que o influenciaron dende moi xoven hata lograr un traballo adulto e unha carta de presentación contundente e clara ao mundo.

​

bottom of page