Robertoliveira
HABELAS HAINAS
Tradicional
Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de HormonasHilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora.
Habelas Hainas nace en Compostela en 2010, tempo no que se cruzan os camiños destas catro músicas de raíz galegas, crebacabezas musical e persoal que se sinte parte dunha tradición longa, viva e en permanente transformación, da que xorde a natural necesidade de se expresar, dende unha ollada feminista e social, explorando outras músicas, experimentando coa tradición e creando un son propio, fresco, enérxico e orixinal nunha intensa traxectoria como músicas ao vivo.