Robertoliveira
Iván Caride
cantautor
Iván Caride e un artista e compositor ourensán que leva implicado no mundo da música desde a súa infancia. Con 14 anos publica un primeiro álbum coa banda Swiss Cottage, chamado All We Need e adquire experiencia sobre os escenarios.
No 2016, Iván estrea xunto o seu pai a ópera rock The Rebel – O Rebelde, a primeira ópera rock feita en Galicia e inspirada nos acontecementos do Alzamento de Pascua de Dublín no 1916. Despois The Rebel, Iván continuou traballando en varios proxectos coa produtora Zinemusik, entre os que se atopan I See You Everywhere polo que recibiu o premio a Mellor Banda Sonora Orixinal no festival Horror Films In Hotlanta, EE. UU. No 2019 abre un crowdfunding que financiaría o seu novo disco Voices, producido por Luis Antelo (Iván Ferreiro) en Vigo, publicado en 2020 e presentado no Teatro Principal de Ourense.
Voices nace como unha recompilación das cancións que Iván levaba toda a vida escribindo. As cancións presentan experiencias e sentimentos reais, dando espazo o oínte para que as reinterprete e se encontre a si mesmo na música. A produción de Luís Antelo (Iván Ferreiro) e Sebastián Mato (The Rebel) en algúns temas da lugar a un son fresco e novo a metade de camiño entre o vintage e o moderno, propio de Iván.
Actualmente Iván ofrece un espectáculo fresco, colorido, divertido e xuvenil que non deixa indiferente o seu público e que percorre dende as influencias máis clásicas de The Beatles o Genesis ata Coldplay o The Killers.