top of page
Logo
Noemí Salomón_Cabecera

Noemí Salomón

piano

 

Noemí Salomón Saavedra (Redondela, 1990) obtén o Título de Grao en Interpretación de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recoñecida como muller destacada dentro do ámbito musical no Concello de Redondela, Noemí colaborou como pianista acompañante na Fundación Ana María Iriarte en Madrid.

 

No 2016 obtivo o Premio Mención de Honra nos Premios á Excelencia Musical Mans Futuro, que a levou a gravar o seu primeiro traballo discográfico en solitario titulado Beethoven e Ravel (Estudios Mans, 2016). Neste ano finaliza o Máster de Interpretación de Piano na Universidad Alfonso X el Sabio de Madrid.

 

Destacar seus concertos no Teatro de Aquisgrán, no Auditorio da Hochschule für Musik und Tanz de Aachen (Alemaña), e na Wienner Saal de Salzburgo (Austria) e no Auditori i Palau de Congressos de Castelló (Valencia).

 

Entre 2017-2019 foi profesora de piano e pianista acompañante na Sociedade Musical e Conservatorio de Guimarães e na Escola Profissional de Música de Viana do Castelo (Portugal). O ano seguinte, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e no da Coruña. Mentres tanto entre os anos 2018- 2020, realizou a gravación do seu segundo traballo discográfico: Proxecto Mestre Vide – 125 Aniversario Nacemento, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense coa que realiza desde entón unha xira de concertos a nivel nacional.

Noemí Salomón
Play Video
bottom of page