top of page
Logo
Superglú_Cabecera

SUPERGLÚ

indie pop

 

Superglú nace no 2014. Aínda que o son inicial era moito máis acústico, sempre tivemos unha meta clara: Tocar os nosos temas, e os temas que tocáramos, facelos nosos. 

 

A medida que o grupo avanzou, o son foixe facendo máis potente e eléctrico, ao mesmo tempo que o repertorio foixe centrando nos temas de composición propia, hasta ser practicamente o 100% da SetList. Non obstante, seguimos mantendo en determinadas ocasións algunha cover, xa que consideramos que forman parte do que somos e todas teñen xa un “Son Glú”. 

 

Non nos gusta etiquetarnos nun estilo, aínda que a definición que máis nos encaixa sería “Indie Pop”. O noso son bebe de diversas influencias, dende o indie-pop español, con grupos como Vetusta Morla ou Izal como referentes, ata os internacionais Coldplay ou Eddie Vedder. 

 

Temos tocado en escenarios como o Festival da Luz, Feito a Man, FeneRock, Osa do Mar, ou a Sala Mardi Gras, Sala Son, o Super8, e tamén temos compartido escenario cos grupos como La Bien Querida, Airbag, Arizona Baby ou Agoraphobia. 

 

Tras ter gañado o concurso da plataforma Cultivando Música no 2017 e gravado con el unha primeira maqueta, “Qué bien!”, en agosto do 2019 lanzamos o noso primeiro EP de estudio, “RevoGlúcion”.

Integrantes do grupo:

Sara Couce: cantante e baixista

Juan Basoa: guitarra solista

Antonio Rivas: guitarra acústica, eléctrica e sintetizadores

Mundo Bakale: batería

Miguel Biezma: teclista e coros

SuperGlú
Play Video
bottom of page