Logo

LAROÁ
World music

Laroá nace a principios do ano 2016 inspirados pola búsqueda dunha fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península Ibérica. Partindo na súa maioría das influenzas da música lusófona e de raíz, adentrámonos nun universo de exploración de novos horizontes musicais, nunha viaxe sonora repleta de mestura e variedade.

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inque- danza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

CAMIÑOS

O presente traballo e froito do emprendimento dun profundo estudo, tanto a nivel sonoro como escénico, na percura dun espectáculo de altura: unha viaxe musical reforzada pola danza, os ritmos tribais das percusións ibéricas, e as melodías lusófonas, aderezados coa potencia das imaxes de videocreación.

Esta nova proposta ponse no escenario da man dun elenco de artistas de alta temperatura creativa, namorados das posibilidades de conxugar un producto novedoso, espontáneo e atemporal.

Camiños sabe a músicas do mundo, a jazz, a tradición, a frescura e vitalidade. Unha mestura de vanguardia coa esencia destilada da nosa música. Unha proposta artística de dobre percorrido, na que o artista busca conectar co público tanto como que o público conecte co artista. Unha experiencia para os que senten, viven e res- piran; para os que danzan ou para os que simplemente miran... Un sentimento sostido no son dun momento: o encontro dun compás universal que une aos protagonistas do momento.

O pasado abrazando ao futuro nunha amalgama de sons, ritmos, culturas, cores e figuras, mentres “O camino das estrelas vai chegando as casas novas.... “ (Canto tradicional).

Integrantes do grupo:

Diana Tarín: Voz e percusión


Javi “Gdjazz”: Trompeta, flugel e corno


Rafa Morales: Baixo e voces


Antonio “Monano”: Teclados


Miguel Fraguas: Percusión, whistle, gaita e danza.
Franc Gorriz: Batería e percusión


Laura “Taka”: Voces e percusión.


Anaïs Barbier: Voces e percusión.


Juan Cella: Videocreación