Logo

MONOULIOUS DOP

rock transgresor

 

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a montar unha banda en clave de rock.

 

Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda, na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos, e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tiveron. En 2020 sacan o seu segundo disco, o "Black album" con 14 novos temas sen unha etiqueta estilística, que fai que o grupo conserve a súa identidade transgresora sen casarse con ningún xenero musical.

Integrantes do grupo:

Ula: voces

Mon: voces

Carba: guitarra

Pla: guitarra

Toroncho: baixo

Beny: batería