top of page
Logo
Robertoliveira_Cabecera

Robertoliveira

percusión

 

Percusionista especializado en Percusión, Electrónica [música electroacústica] e Arte Visual, presenta “Argana” un novo espectáculo onde os instrumentos de percusión, electrónicas e o arte visual súmanse producindo unha linguaxe sonoro-visual con unha sinerxía chea de actualidade.

 

Percusión para escoitar, ver e sentir. Unha auténtica explosión de sensacións que te somerxe nunha viaxe extraordinaria chea de texturas, que se funden cos sons electroacústicos do percusionista Robertoliveira.

 

Con tres discos en solitario “Pparafusxo” (2010), “Diáspora, novas músicas de aquí e de acolá” (2017) y “Argana, estrutura rítmico espiñal” (2020), e gran traxectoria internacional en festivais como: "Zeltsman Marimba Festival" Appelton, Wisconsi (USA); ”TIPC" Taipei International Percussion Convention (Taiwan), Festival de Música “FESTIGOMES” de Campinhas, São Paulo (Brasil); Huddersfield Contemporary Music Festival (Reino Unido); Festival de Música Improvisada “ISIM” (Suiza); Liepaja Contemporary Art Forum (Letonia)…foi finalista dos IV Premios Martín Códax da Música e gañador dos V Premios Martín Códax da Música.

 

Robertoliveira está considerado un dos artistas máis creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.

Robertoliveira
Play Video
bottom of page